O Programa Reincorpora da Fundación Bancaria "la Caixa" ofrece ás persoas privadas de liberdade a oportunidade de construír un futuro diferente e plenamente integrado na sociedade a través de itinerarios personalizados. As persoas participantes melloran as súas habilidades e competencias, reforzando os valores que facilitarán o seu camiño cara á integración sociolaboral. É importante sinalar que todos os itinerarios parten dunha valoración inicial das capacidades, necesidades e dificultades de cada persoa que participa, para que desta forma, se realice unha intervención personalizada e integral.
Estrutúrase en varias fases de intervención:
Estas fases non necesariamente se desenvolven en todos os itinerarios e tampouco son consecutivas no tempo, senón que se solapan en virtude das necesidades de planificación e do propio participante. No caso da fase de selección, si ten lugar en todas as modalidades do programa. A existencia de diferentes modalidades do programa achega flexibilidade na intervención e axuda a que se realice da maneira máis individualizada posible:
NUEVA METODOLOGÍA EPYCO
Este ano, o 2019, o Centro Penal de Teixeiro e o Centro de Inserción Social “Carmela Arias e Díaz de Rábago” da Coruña foron seleccionados para implantar o programa EPYCO (Programa de Inserción Sociolaboral de Adestramento Persoal e Competencial) impulsado por TPFE (Traballo Penal e Formación para o Emprego) en colaboración con Acción Contra a fame e a Obra Social “la Caixa” e FSE (Fondo Social Europeo).
Este programa é a consecuencia da continua avaliación e mellora das diferentes metodoloxías de Reincorpora. Nace co propósito de unificar todas as formas de intervención, mellorando a eficacia e eficiencia construíndose sobre a base da adaptabilidade, traballo personalizado e integral.
Son dous os eixos vertebradores do programa, por unha banda, o adestramento en competencias e, por outro, a formación e orientación laboral. A selección, deseño do itinerario personalizado de inserción, seguimento e avaliación das persoas participantes faise a través dun equipo multidisciplinar, formado por profesionais penais e persoal técnico do programa Reincorpora.
No 2022, esténdese o programa ao Centro Penal da Lama e o Centro de Inserción Social Carmen Avendaño de Vigo, onde se atopan en fase formativa e estanse formalizando os dous equipos de alto desempeño que inclúen ao persoal técnico Reincorpora.
Persoa responsable: Rosaura Romo Hernández
Email: itinere.coruna@gmail.com
Tlfn.: 664 493 960
Técnica Reincorpora A Coruña: Ana Súarez Pérez
Email: itinere.empleo@gmail.com
Técnica Reincorpora Vigo: Maite Pena
Email: itinere.tecnica@gmail.com
Técnica Reincorpora Vigo:Jénifer Dios
Email: tecnica.reincorpora@gmail.com
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801