Cookies

Noticias 

© FEI | 31/10/2023 | Mulleres con Historia: A caza de bruxas

A caza de bruxas

No Mulleres con Historia de hoxe, falamos da caza de bruxas encabezada pola Igrexa e por algúns sectores da sociedade civil na Idade Moderna

31/10/2023

A historia da caza de bruxas é a historia de miles de mulleres que foron torturadas e asasinadas acusadas de bruxería como resultado dunha persecución impulsada polo Estado e a Iglexa en moitos países de Europa entre os séculos XV e XVIII, e que a partir do século XVI cruzaría o océano para dirixirse a América e África.

En ambos lados do océano, as acusacións de bruxería empregáronse para censurar, disciplinar e matar ás mulleres que se opoñían á privatización da terra, a ruptura das relacións comunitarias ou o control da reproducción e a sexualidade por parte dos poderes eclesiásticos e civís.

Silvia Federici no seu libro Calibán e a bruxa, expón que este proceso foi un elemento fundacional da modernidade e da sociedade capitalista, para expropiar propiedades ao campesiñado, desarticular as relacións comunais existentes e obrigar ás mulleres a que aceptaran o rol de traballadoras invisibles no novo sistema de produción e coidadoras da súa man de obra.

Hoxe en día, estes mecanismos de sumisión persisten na criminalización de formas de vida contrarias ao avance do capitalismo e o colonialismo, como as que sosteñen as mulleres que participan nos movementos para a defensa dos territorios e comunidades en América Latina e India.

Dende a Área de Igualdade da Fundación Érguete-Integración sumámonos a Silvia Federici para reivindicar esta historia dende unha perspectiva feminista:

“As bruxas se traduciron nun escándalo, unha vergonza… É a primeira vez que suxeitos oprimidos e suxeitos a unha persecución son ridiculizados e se transforman nunha atracción turística. Fainos falta producir materiais pedagóxicos que transformen esta imaxe porque hai toda unha xeración de infantes que crece cunha distorsión sobre quenes son as bruxas e é porque a caza de bruxas esqueceuse e ridiculizouse” Silvia Federici

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia