Cookies

Noticias 

© FEI | 18/08/2023 | Mulleres con Historia: Charlotte Cooper

Charlotte Cooper, a primeira muller de ouro

Charlotte Cooper foi a primeira tenista británica e a primeira muller campioa olímpica da Historia

18/08/2023

Dende a súa infancia, Charlotte vivía apaixonada polos deportes, y especialmente polo tenis. Como nos demais ámbitos da vida en sociedade, os deportes tamén eran una ocupación reservada para os homes e aldraxada para as mulleres.

A pesar disto, sempre recibiu un grande apoio por parte da súa entorna familiar para desenvolver a súa afección e aprender no club de tenis local. Alí cegaba aos presentes co seu talento, visión de xogo, velocidade e axilidade –extraordinaria, sobre todo, tendo en conta a vestimenta de saia longa co cal debían xogar na época-. Foi aos 14 cando gañou o seu primeiro partido e finalmente en 1893 conseguiu o seu primeiro título.

Aos seus 25 anos conseguiu a primeira de moitas vitorias no ámbito profesional. En 1895 Charlotte acadou o seu primeiro título individual en Wimbledon. Así comezou a abrirse a outros certames ao redor de Europa. Un ano despois, tras unha infección, a tenista quedou xorda e para ela lonxe de ser un impedimento, readaptou o seu xogo e continuou a súa traxectoria profesional con moitas outras vitorias.

Ademais de ser unha campioa incansable e unha loitadora de manual, é unha muller pioneira que marcou o seu nome no gran libro da Historia, ao conseguir ser a primeira muller gañadora dun título olímpico (conseguindo dous ouros nos XXOO de París en 1900, os primeiros con participación feminina).

Tras isto, a celebridade do tenis conseguiu outros catro campionatos de Wimbledon e disputou un total de 11 finais –oito delas consecutivas-. Este último título fíxoa acadar un novo récord na Historia deste deporte: foi a persoa máis veterana en gañar o torneo (con 37 años y 282 días). A día de hoxe, esta marca continúa aínda vixente na categoría feminina.

En 1912 Cooper seguía sendo unha das mellores tenistas do circuíto competitivo. De feito, non foi ata que cumpriu os 50 anos que proclamou a súa retirada do deporte. Sen lugar a dúbidas, unha muller de ouro pola súa perseveranza, talento e logros.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia