Cookies

Noticias 

© FEI | 22/12/2022 | Mulleres con Historia: Agatha Christie

Agatha Christie, a muller do suspense

Este mes de decembro a nosa Muller con Historia é unha das autoras máis lidas e prolíficas do século XX, Agatha Christie.

22/12/2022

 

A autora inglesa deuse a coñecer no ano 1920 coa súa primeira novela de xénero policiaco, O Misterioso caso de Styles, que escribiu mentras traballaba coma enfermeira na Primeira Guerra Mundial. Nas súas obras de literatura negra trataba de reflictir a sociedade do momento, aínda marcada pola decadencia da era victoriana.

En decembro do 1926, desaparecía e era localizada once días despois nun hotel con amnesia: Agatha nunca podería explicar o que sucedeu durante aqueles días. Tras recibir tratamento psiquiátrico, comenzou unha nova vida.

Comenzou a viaxar por Estambul, ata chegar a Bagdad no Orient Express. Todas estas experiencias supuxeron un gran crecemento para Agatha, de feito, esa viaxe foi a súa iluminación crave para a escritura dunha das súas máis famosas novelas no 1934: Asasinato no Orient Express.

Durante unha viaxe por Irak en 1930, coñeceu a un rapaz arqueólogo chamado Max Mallowan que, meses máis tarde, rematou sendo o seu marido. Pasaría grandes tempadas participando en proxectos arqueolóxicos en Siria e Irak. A partir de entón, nas súas obras se percíbese una grande influencia da exiptoloxía e da arqueoloxía como Asasinato en Mesopotamia, Morte no Nilo e Cita coa morte.

Mais se ben Agatha era unha persoa apasionada das viaxes, tamén o era do surf. Foi una das primeiras persoas de Gran Bretaña en practicar esta disciplina deportiva. Alá onde ía, marchaba cunha táboa para surfear!

Unha das súas adaptacións teatrais, A ratonera, continúa -prácticamente de xeito ininterrompido- no cartel case 70 anos despois da súa estrea, convertíndose na obra teatral de maior permanencia no mundo. Tamén impresiona o seu número de vendas absolutas a nivel global: 2.000 millóns de exemplares –só superada pola Biblia e Shakespeare-.

Nos nosos días, continúanse adaptando as súas obras tanto á gran pantalla como ás demais novas formas de entretemento. A sombra de Agatha Christie sempre será alongada: tras 74 novelas, 154 relatos curtos, 20 obras de teatro, 3 poemas e 2 autobiografías tamén, aínda a día de hoxe, as súas historias continúan sendo fonte de inspiración de novelas e obras audiovisuais -de series, películas e videoxogos-.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia