Cookies

Noticias 

Fátima Mernissi, un referente no mundo musulmán na loita polos dereitos da muller

24/09/2022

Mernissi estudou Ciencias Políticas e foi bolseira pola Sorbona para realizar un doutoramento na Universidade de Brandeis (EEUU). Historiadora, ensaísta, doutora en socioloxía e profesora na Universidade Mohamed V de Rabat, foi unha das intelectuais marroquís máis coñecidas en Europa, destacando polo seu defensa dos dereitos da muller e por ser unha autoridade mundial en estudos do Corán.

Foi unha intelectual moi comprometida coa sociedade e co tempo no que lle tocou vivir. Fundou varias asociacións que denunciaban o patriarcado na sociedade musulmá.

No 2003 outorgóuselle o premio Príncipe de Asturias, pois as súas obras son consideras un referente intelectual básico para entender o mundo árabe desde unha perspectiva feminista.

Ela naceu dentro dun harén en Fez, e escribiría sobre este tema para mostrar que era un lugar que pouco tiña que ver coa imaxe estereotipada que se ten sobre o mesmo en occidente.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia