Infórmate > Noticias 

Noticias 

Recoñecementos 10 anos Incorpora de “la Caixa” Galicia
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/03/2017 | Santiago de Compostela

Premios ás empresas socialmente resonsables e compromentidas coa integración laboral de colectivos desfavorecidos en Galicia.

1 de 1

O Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela; o director territorial de "la Caixa" en Galicia, Marc Benhamou, e o director da área Social da Fundación "la Caixa", Marc Simón, entregaron na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, os Premios Incorpora dirixidos a empresas galegas comprometidas coa integración laboral de colectivos desfavorecidos.

Durante estes 10 anos, o programa Incorpora, facilitou un total de 3.366 insercións a persoas en situación ou risco de exclusión social en Galicia (persoas con discapacidade, parados de longa duración, mozas con dificultades para acceder ao mercado laboral, exreclusos, vítimas de violencia de xénero e inmigrantes entre outros colectivos). Grazas á implicación das 1.452 empresas, organizacións e institucións, e ao traballo dos 22 técnicos das 8 entidades sociais que traballan en rede Incorpora Galicia.

Os premiados este ano foron:

¡Parabén a todos eles e moitas grazas polo seu compromiso e bo facer.!!

Esperamos que continúen co seu apoio e sirvan de exemplo e inspiración para outras moitas empresas que queiran colaborar e beneficiarse dos servizos que ofrece o Programa Incorpora en Galicia a través de todas as entidades que o integran  presentes nas 4 provincias galegas (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES), Fundación Érguete-Integración, Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES), COGAMI, Fundación Juan Soñador, Cruz Vermella de Ourense e de Lugo e Igaxes3)

Arquivada en:

Empresas > Responsabilidade Social Empresarial
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Incorpora

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA