Responsabilidade social corporativa
Desde a Fundación Érguete-Integración promovemos a Responsabilidade Social Empresarial en tres contornas diferenciadas.
Respecto ao colectivo traballador:
- Xornada continua.
- Redución xornada en tempada estival.
- Aplicación de medidas de conciliación.
- Adhesión ao "Protocolo para a detección e tratamento na entidade de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fora dos lugares de traballo" (2016).
- Priorización da formación dentro da xornada laboral.
- Promoción da retención do talento.
- Formación en Prevención de Riscos Laborais para o persoal de nova incorporación e promoción das revisións anuais de saúde.
- Enquisa de clima laboral.
- Promovemos o coidado ambiental.
Respecto de clientes (persoas beneficiarias, empresas e entidades financiadoras):
- Certificación de calidade Norma ISO 9001:2015.
- Selo de Excelencia Europea +300 EFQM (2011, 2014, 2016 e 2018).
- Selo de compromiso para a Excelencia Europea +200 EFQM (2009).
- Cumprimos coa Lei de Protección de Datos.
- Adhesión ao Consello Asesor de Pacientes da EOXI de Vigo, Consellería de Sanidade-SERGAS da Xunta de Galicia (2017).
- Adhesión ao Pacto Social pola non discriminación e a igualdade de trato asociada ao VIH, Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social (2019).
- Cláusulas de confidencialidade do noso persoal na aplicación das súas funcións.
- Alumnado protexido por Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.
- As accións de prácticas non laborais en empresas son comunicadas á Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Convenios de colaboración con empresas e agrupacións empresariais.
- Achegamos ás empresas conceptos da Responsabilidade Social Empresarial, como integración laboral.
- Todas as nosas intervencións son gratuítas.
- Promovemos que o colectivo beneficiario acceda ao persoal da Entidade cando existen vacantes e perfís compatibles.
- Avaliación do grao de satisfacción nas nosas colaboracións con clientes.
Sociedade
- Somos asinantes do Pacto Mundial de Nacións Unidas desde o ano 2010.
- Colaboración en rede en diferentes esferas.
- Participamos en charlas, relatorios, xornadas para tratar de difundir a nosa actividade e visualizar ás persoas coas que traballamos.
- Buscamos provedores socialmente responsables.
- Promovemos o coidado ambiental.