Cookies

Noticias 

© FEI | 27/11/2023 | Atención ás necesidades básicas: Hixiene básica

Continuamos proporcionando o servizo de peiteado en Vigo e Coruña

A través do programa de Atención ás necesidades básicas de persoas en situación de emerxencia social complementan as necesidades básicas de hixiene e de autopercepción das persoas participantes

27/11/2023

Este programa xorde co obxectivo de dar cobertura ás necesidades básicas de persoas en situación de emerxencia social; unhas necesidades que non están cubertas por outros recursos.

Dentro das necesidades de hixiene básicas que estas persoas non poden cubrir por si mesmas e os recursos ou entidades sociais non cubren é o servizo de peiteado e barbaría.

Con este programa, desde a Fundación proporcionamos un servizo básico e frecuente de peiteado nas cidades de Vigo e Coruña para promover, ademais de melloras na hixiene básica, unha mellora da autopercepción nos individuos que participan.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > INTERVENCIÓN COAS PERSOAS > Atención ás necesidades básicas de persoas en situación de emerxencia social