Cookies

Noticias 

© FEI | 30/10/2023 | Guía pola prisión. Desmentindo bulos e resolvendo dúbidas

Xa podedes ler a Guía pola prisión: para desmentir bulos e resolver dúbidas

As técnicas da Área de Intervención Penal da entidade elaboraron esta guía co obxectivo de eliminar prexuízos e achegar a realidade das persoas privadas de liberdade á sociedade

30/10/2023

Dende a Área de Intervención Penal da Fundación Érguete-Integración comparten a Guía pola prisión: desmentindo bulos e resolvendo dúbidas, coa intención de rachar coas imaxes e pensamentos erróneos sobre a prisión e as persoas privadas de liberdade.

Desde o equipo do programa de intevención penal de Vigo explican que este traballo xorde por tres motivos: para dar respostas ás preguntas que se lles presentan dende a súa entorna, para desmitificar a idea de prisión e contarlle á sociedade como é o seu funcionamiento e finalmente para incidir e poñer en valor que nas prisións en España albergan na súa maioría a persoas pobres ou en situacións de vulnerabilidade, persoas con adiccións, persoas con discapacidades, persoas con problemas de saúde mental...

Mediante esta guía pretenden contribuír á eliminación do descoñecemento, a información sesgada ou morbosa que son as principais causas de que existan estigmas e prexuízos que perxudican a reinserción sociolaboral destas persoas.

Neste traballo desminten que as persoas privadas de liberdade vivan “como Deus”, que saian da prisión cun soldo, que nas prisións a maioría das persoas son inmigrantes, que se existen problemas de saúde mental a condena nunca se cumpre... Numerosos bulos desmentidos e numerosas dúbidas resoltas para mostrar a realidade das prisións ao conxunto da cidadanía.

Podedes lela a través da seguinte fotografía:

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere