Cookies

Noticias 

© FEI | 29/02/2024 | Primeiro curso de Competencias dixitais 2024

Remata o primeiro curso de Competencias dixitais de 2024, cunha satisfacción do 97% entre o alumnado

Na formación participaron doce persoas: oito mulleres e catro homes

29/02/2024

O pasado venres finalizaba, na sede da Fundación Érguete-Integración en Vigo, a primeira formación en Competencias Dixitais deste ano 2024. O curso, que tivo lugar do 9 ao 23 de febreiro, contou cun total de doce persoas participantes, oito mulleres e catro homes.

A formación estivo estruturada en diferentes módulos nos que se traballaron contidos básicos de informática, facendo especial fincapé en conceptos e ferramentas útiles no uso cotiá do computador e a rede: emprego do navegador e buscadores, creación e manexo do correo electrónico, recursos para a procura de emprego, realización de xestións telemáticas como a solicitude da vida laboral ou citas médicas, etc. Así mesmo, incluíuse un módulo complementario de formación en igualdade.

Durante a última sesión, o alumnado cumprimentou unha enquisa de satisfacción, coa que a entidade procura coñecer aqueles aspectos que poderían mellorar nos cursos que realiza. O cuestionario deu como resultado unha puntuación de 9,45 sobre 10 na satisfacción xeral das persoas participantes, amosando que, en xeral, a formación foi proveitosa para elas, e que tanto o profesorado como os materias do curso se adecuaron perfectamente ás súas expectativas.

Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través das axudas para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, e cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Inclusión Social