Cookies

Noticias 

© FEI | 26/09/2023 | Árbore de pegadas: terapia con animais para as mulleres da Lama

Fin da terapia asistida con animais na Lama

As mulleres da Lama puideron adestrar e relacionarse cos animais do Refuxio de Cambados

27/09/2023 | Vigo

A semana pasada finalizamos a actividade de terapia asistida con animais que levamos a cabo no C. P. A Lama con mulleres do módulo 10 (módulo feminino) e módulo 9 (módulo mixto) a través do programa ITÍNERE, financiado pola Consellería de Sanidade.

A través das sesións, as participantes poideron mellorar a autoestima realizando actividades de adestramento canino de forma individual e colectiva. Tamén se fixeron exercicios para comprobar os efectos positivos do bo trato.

Como esta é unha actividade que axuda a cohesión e a inclusión de todas as participantes, o ultimo día como recordó fixemos unha árbore cas pegadas dactilares de todas, incluidas as de Clau, Umi e Saoirse.

E como sempre agradecer o gran labor do Refuxio de Cambados.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere