Cookies

Noticias 

© Conselleria de Emprego e Igualdade | 18/04/2024 | Emi Emprego Intelixente

A Consellería de Emprego e Igualdade pon en marcha unha nova ferramenta de apoio á orientación laboral

Emprego Intelixente (EMi), será utilizada tanto polo Servizo de Emprego de Galicia como polos seus centros colaboradores, entre os que se atopa a Fundación Érguete-Integración

19/04/2024

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia implementou, o pasado mes de marzo, unha nova ferramenta que posibilitará a sincronización de oferta e demanda de emprego en tempo real: Emprego Intelixente. Para iso, EMi utiliza a intelixencia artificial e a analítica avanzada, identificando as necesidades do mercado de traballo e adaptando a formación e os itinerarios formativos ás devanditas necesidades, en busca de axustar de maneira máis áxil e efectiva os perfís coas candidaturas.

A posta en marcha da nova plataforma, que cruza datos de empresas, demandantes e servizos de emprego estatal e autonómico de forma máis eficiente, supón unha mellora dos recursos do Servizo Público de Emprego de Galicia e dos centros que colaboran con este organismo, entre os que se atopa a Fundación Érguete-Integración. A medio prazo, a ferramenta permitirá unha maior eficiencia á hora de prestar asesoramento e orientación laboral ás persoas que recorren a estes servizos, para que poidan avanzar e consolidar a súa traxectoria profesional ao tempo que as empresas conseguen localizar o mellor talento.

CENTROS COLABORADORES DO SPEG
Ademais da rede de Oficinas de Emprego da Consellería (SPEG) existe unha rede de persoal orientador en entidades colaboradoras seleccionadas anualmente. Todas elas ofrecen un servizo no que se informa ás persoas demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolles asesoramento na procura de traballo, así como un abanico de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Servizo de Orientación Laboral