Cookies

Noticias 

© FEI | 22/02/2024 | Ruben Cagiao, presidente da Fundación Érguete-Integración, recolle o cheque de mans do organizador do evento, Javier Rodríguez

O concerto solidario celebrado en Vigo en favor da Fundación Érguete-Integración recada máis de 5000 euros

Mediolanum Aproxima duplicou a cantidade achegada polas persoas que acudiron ao evento

22/02/2024

O pasado dous de febreiro, celebrábase en Vigo un concerto solidario co obxectivo de recadar fondos para o proxecto Entre Patios, desenvolto pola Fundación Érguete-Integración. Decenas de persoas ocuparon o auditorio, que vibrou a ritmo de blues, soul ou funky, da man de dous coñecidos grupos da escena musical viguesa: La Chata Soul e Jay Doe & The Blues Preachers.

Ruben Cagiao, presidente da Fundación Érguete-Integración, foi o encargado de recibir o cheque simbólico coas doazóns conseguidas, entregado polo organizador do evento e asesor financeiro en Banco Mediolanum, Javier Rodríguez. A cantidade recadada finalmente ascende a un total de 5170 euros, 2585 dos cales proceden dos donativos de todas as persoas que asistiron ao recital. A Fundación Mediolanum, pola súa banda, realizou tamén unha xenerosa achega, duplicando o total obtido a través da adquisición das entradas.

A recadación irá integramente destinada ao financiamento do proxecto Entre Patios, unha iniciativa que procura contribuír ao proceso de reinserción social de persoas internas no centro penal de Teixeiro, a través da súa participación na construción de elementos que permiten a mellora das instalacións de patios de varios centros escolares.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias