Cookies

Noticias 

© FEI | 13/11/2023 | Proxecto Entre Patios na Coruña (2023)

Entre os patios dos centros escolares e dos centros penais

Entre Patios é un proxecto que procura contribuír ao proceso de reinserción social das persoas internas do centro penal de teixeiro a través da actividade de humanización de patios de centros educativos

13/11/2023 | A Coruña

As persoas internas de Teixeiro comezaron a elaborar mesas de picnic para os patios dos centros educativos de A Coruña coa axuda do alumnado do FP de Carpintería do IES Rosalía Mera que deseñou esas mesas e o profesorado, que realizou unha sesión de formación en prisión para a elaboración.

As persoas privadas de liberdade coa colaboración do alumnado do IES Rosalía Mera, realizaron a montaxe das mesas nos centros educativos, un deles o Centro de Educación Especial Aspronaga.

Podedes ver o Proxecto ao completo en:  PROXECTO ENTRE PATIOS

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora