Cookies

Noticias 

Encontro en Teixeiro entre participantes da edición 2020 e da 2021

Agradable reunión no C.P. Teixeiro sobre o proxecto Abeiro

08/10/2021 | Teixeiro

O Proxecto Abeiro trátase dunha formación ocupacional en rama sanitaria (Técnicas de Auxiliar de psiquiatría), para internos e internas de apoio. Por mor desta actividade, na tarde do 7 de outubro, no  C. P. Teixeiro, realizouse un encontro entre participantes do proxecto da edición do 2020 e do 2021.

O obxectivo foi compartir as súas experiencias, crear puntos comúns, consellos e conclusións entre as persoas implicadas. Deste xeito, coincidiron na importancia de adquirir os coñecementos necesarios para facilitar a función de internos e internas de apoio e mellorar a súa autoestima persoal.

Xunto á subdirectora de tratamento do C. P. Teixeiro, Nadia Arias, e a responsable da área social da Fundación Barrié, Teresa Presedo, as persoas implicadas agredecieron a formación e mesmo demandaron máis horas e un maior recoñecemento ao seu labor desinteresado. 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere