Cookies

Noticias 

© FEI | 07/10/2020 | Taller do proxecto A e-Administración ao teu alcance

O proxecto A e-Administración ao teu alcance acerca a administración electrónica ás mulleres

Debido á alta demanda de participación engadiuse unha nova data ás tres previstas

05/10/2020 | Vigo

O Ciber Emprego da Fundación Érguete-Integración puxo en marcha o proxecto A e-Administración ao teu alcance, realizado coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Esta iniciativa está dirixida a mulleres desempregadas ou traballadoras que necesiten formación específica para acceder aos servizos de administración electrónica e consta de catro talleres de formación de identidade dixital de tres horas de duración cada un.

Inicialmente estaba previsto realizar tres destes talleres, sen embargo, debido á demanda de participación engadiuse unha nova data ás anteriormente previstas. Así, os talleres realízanse os días 29 de setembro e 6, 8 e 13 de outubro.

Esta acción vai acompañada tamén coa elaboración dunha guía de recursos de igualdade e prevención de violencia de xénero e a presentación da mesma ás participantes para a súa correcta utilización.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Ciber Emprego