Cookies

Noticias 

© FEI | 10/10/2023 | Stand sobre saúde mental colocado no Centro Penal de Teixeiro

Coidando a saúde mental en prisión

O equipo do Programa Itínere na Coruña organiza polo Día Mundial da Saúde Mental unha charla en Teixeiro resolvendo as dúbidas das persoas internas e do persoal funcionario

10/10/2023 | A Coruña

Co galo do Día Mundial da Saúde Mental, hoxe ten lugar unha xornada especial no centro de Teixeiro coa colaboración de Luisa Kirmayer, a nosa antiga docente da formación de Auxiliar de Psiquiatría.

A charla desenvolverase a través das dúbidas de persoas funcionarias e internas que foron depositando nos buzóns habilitados polas técnicas da entidade.

As frases que vedes neste cadro de madeira, foron as conclusións de internos/as de apoio aos “mellores tips para coidar a saúde mental” despois dunha das súas sesións con Luisa o ano pasado, e este fermoso stand foi creado dende o Obradoiro de Carpintería do centro

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere