Cookies

Noticias 

© FEI | 10/10/2023 | Formación do persoal polo Día Mundial da Saúde Mental 2023

A saúde mental é un dereito universal

Neste Día Mundial da Saúde Mental, o Proxecto Virada forma ao cadro de persoal da Fundación sobre os malestares psicolóxicos das nosas persoas usuarias

10/10/2023 | Vigo

Dende o Proxecto Virada da entidade, Nuria Cuña, psicóloga do programa, tamén prestou atención á saúde mental nesta efeméride cunha formación para todas as persoas traballadoras da Fundación.

Na formación analizáronse os problemas ou malestares psicolóxicos que están atravesando as persoas atendidas diariamente, para comprender as súas causas e tamén coñecer os factores de protección que temos na nosa man para poder realizar unha intervención.

E co lema escollido pola World Federation for Mental Health deste ano ben presente: a consideración da Saúde Mental coma un dereito universal.

O Proxecto Virada consiste na elaboración de rutas individualizadas para desenvolver as capacidades das persoas do programa Sísifo con trastorno adictivo ou patoloxía dual en situación de exclusión social severa. Perseguimos empoderar a estas persoas para que se vexan con forzas de emprender o camiño cara os seus obxectivos. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > INTERVENCIÓN COAS PERSOAS > Proxecto Virada