Cookies

Noticias 

© FEI | 17/10/2023 | Acto de presentación do Informe do Estado da Pobreza en Galicia 2023

Loitando no Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

Asistimos á presentación do Informe do Estado da Pobreza de EAPN en Galicia

17/10/2023 | Santiago de Compostela

Hoxe polo Día Internacional para a Erradicación da Pobreza dende a Fundación Érguete-Integración seguimos loitando contra a pobreza e a exclusión social, apoiando as persoas que atravesan situacións de vulnerabilidade e contribuíndo no seu proceso de inserción sociolaboral.

A directora da Fundación, Ana Álvarez, estivo presente no acto de presentación do Informe do Estado da Pobreza en Galicia do ano 2023 da Rede Galega contra a pobreza, EAPN Galicia, na sede da Valedora do Pobo en Santiago de Compostela.

Abriu a presentación Mª Dolores Fernández, Valedora do Pobo, e acompañárona dando as claves do informe e as claves para o futuro na loita contra a pobreza, Ana Pardo e Xosé Cuns, presidenta e director de EAPN Galicia.

#PobrezaGalicia #EstadoDePobreza #DíaInternacionalErradicaciónPobreza

Arquivada en:
Infórmate > Noticias