Cookies

Noticias 

© FEI | 26/10/2023 | Taller de pulseiras de comproimiso do Proxecto Dana

O compromiso das mulleres DANA

Continúan cos obradoiros as 12 participantes do programa de defensa persoal e empoderamento para mulleres

26/10/2023 | Vigo

No Proxecto Dana ademais das clases de defensa, tamén estamos traballando coas mulleres autoestima, autocoidado e autonomía, empoderamento dende unha perspectiva de xénero, xestión emocional e sororidade.

Con actividades como este obradoiro fomentamos o compromiso con elas mesmas. Cada unha realizou un compromiso e a través do símbolo das pulseiras que elaboraron terano presente sempre. Así, tratamos de crear espazos nos que analizar cales son os medos, cales son as orixes e consecuencias e como atenualos.

Creamos espazos seguros nos que aumenten a súa autoestima e nos que compartan experiencias e se apoien mutuamente.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > IGUALDADE > Proxecto DANA