Cookies

Noticias 

© FEI | 26/02/2024 | Formación en Edición de páxina web para o persoal da Fundación

Finaliza o curso de Edición de páxina web, destinado a persoal da Fundación

A formación realizouse a través dos Bonos Talento Empresa, xestionados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

26/02/2024

O persoal da Fundación Érguete-Integración rematou esta mañá o curso “Edición de páxina web”, a primeira das formacións que durante o presente ano se levarán a cabo no marco dos Bonos Talento Empresa. Estas axudas están destinadas á realización de proxectos formativos de curta duración e de carácter non formal (“microcredenciais”), que as entidades beneficiarias desenvolven para mellorar a capacitación do seu persoal.
 
Varias técnicas da entidade tiveron a oportunidade, ao longo de catro sesións que sumaron un total de dezaseis horas de formación, de ampliar os seus coñecementos no manexo da plataforma dixital da entidade. O curso, realizado en liña a través do Campus Virtual de formación para o emprego de Galicia, incluíu diversos contidos relacionados cunha xestión eficaz e eficiente da web: unha pequena achega ao linguaxe html e o procesado de imaxes, a creación e edición de bloques de contidos na web, a xeración de noticias, enlaces ou vídeos, etc.
 
Proximamente, o persoal da Fundación participará nunha nova acción formativa, –nesta ocasión sobre “Xestión e xustificación económica de proxectos” – financiada mediante os Bonos Talento Empresa. Esta liña de axudas, ofrecida pola Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, enmárcanse na Axenda de Capacidades Europea para a competitividade sostible, a equidade social e a resiliencia (COM 2020 274) e na súa Recomendación do 16 de xuño de 2022 relativa a un enfoque europeo das microcredenciais para a aprendizaxe permanente e a empregabilidade (2022/C 243/02). Ademais, están cofinanciadas nun 60% polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), dentro do obxectivo político 4 –“Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais” – ; prioridade 1 –“Emprego, adaptabilidade, emprendemento e economía social” –; obxectivo específico ESO 4.4 –“Promover a adaptación dos traballadores, as empresas e os emprendedores ao cambio, o envellecemento activo e saudable e un contorno de traballo saudable e ben adaptado que aborde os riscos para a saúde”–, e medida 1.D.01. –“Axenda Galega de Capacidades para o Emprego. Formación de persoas traballadoras” –.
 
 

Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa > Formación do persoal