Cookies

Noticias 

© FEI | 21/02/2024 | Gestión local con impacto. Contratación reservada

A empresa de inserción laboral Cormo Integral participa nun evento para o fomento da contratación e compra responsable

A xornada está organizado pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego

21/02/2024 | Santiago de Compostela

Santiago de Compostela acollerá, o vindeiro venres 1 de marzo, un evento de fomento da contratación e compra responsable, organizado pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) -da que Cormo Integral forma parte- e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (CEGASAL).

O evento busca potenciar a contratación reservada a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e Empresas de Inserción en Galicia, destacando a importancia da dimensión social, medioambiental e de innovación nos contratos públicos, e ofrecendo novas oportunidades de crecemento para as entidades de economía social. Para isto, contará con relatorios de expertos na materia, mesas redondas e presentacións sobre as mellores prácticas no sector, ademais dunha sección de networking para fomentar a colaboración entre as entidades asistentes.

Os principais obxectivos da xornada inclúen: ofrecer ferramentas e prácticas óptimas ao persoal técnico das entidades locais para a elaboración de pregos de contratación; fomentar e visibilizar os sectores de Transporte e Mobilidade e Economía Circular e Xestión de Residuos; analizar o escenario normativo da Contratación Reservada e a Compra Pública Responsable, e facilitar o acceso á adxudicación de contratos públicos ás Empresas de Inserción e aos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.

O acto, que terá lugar en Santiago de Compostela o venres 1 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, poderá seguirse de xeito presencial ou por streaming, sendo necesaria a inscrición previa a través deste enlace.

Este evento é parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. Ademais, conta coa colaboración do Concello de Santiago e o patrocinio de Fiare Banca Ética.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > E.I.L. Cormo Integral S.L.U.