Cookies

Noticias 

© FEI | 07/10/2016 | Firma de Convenio Incorpora con AGAEXAR (Asociación Galega de Empresas de Xardinería)

Firma de Convenio Incorpora con AGAEXAR (Asociación Galega de Empresas de Xardinería)

A Fundación Érguete-Integración, membro do Grupo Incorpora Galicia, asinou un novo convenio cunha asociación empresarial, neste caso ligada á actividade da xardinería.

06/10/2016 | Vigo

A Asociación Galega de Empresas de Xardinería, AGAEXAR, é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro que xurde no ano 1999 a partires da iniciativa de nove empresas co fin básico de agrupar a todas aquelas empresas relacionadas co sector da xardinería en Galicia.
A partir do ano 2005 a asociación comeza a moverse como tal e a conseguir diversos servizos vantaxosos para os seus asociados, así como a darse a coñecer ante a Administración mediante a loita por diversos intereses dos seus asociados.

Na actualidade, Agaexar está representada por cerca de 50 empresas, e constitúese como a única Asociación empresarial representativa do sector da xardinería de Galicia.

Coa firma deste convenio formalizase un plan de actuación con tres obxectivos basicamente:
• Promover a difusión do Programa Incorpora entre os seus asociados.
• Propiciar o coñecemento das actividades para favorecer a canalización de perfís.
• Cooperar na colaboración en formación ou asunción de alumnos en prácticas por parte dos seus asociados.

Asinan o convenio: por “la Caixa” Juan Luis Seoane Casqueiro (director de Caixabank en Avda. Martinez Garrido); por Grupo Incorpora Galicia, Carlos Rosón Varela (Coordinador Incorpora Galicia, de IGAXES-3); por AGAEXAR, Victor Mario Perez Vilar (Presidente), e por FUNDACION ERGUETE-INTEGRACIÓN, Carmen Avendaño Otero (Presidenta).

Arquivada en:
Empresas > Responsabilidade Social Empresarial
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Incorpora