Cookies

Noticias 

© FEI | 26/10/2023 | Curso de coñecementos básicos dixitais en outubro de 2023

Desenvolvendo as competencias dixitais

Iniciamos a preparación dixital dentro do Programa de Inclusión Social

24/10/2023 | Vigo

Este mes de outubro iniciamos o curso de adquisición de coñecementos básicos dixitais de 40 horas.

As 12 persoas participantes traballaron contidos como a xestións telemáticas frecuentes dentro da administración electrónica, as ferramentas e recursos en liña para a procura de emprego e tamén os recursos sociais comunitarios dispoñibles.

Esta actuación é subvencionada pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a través da ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuación  de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Inclusión Social