Infórmate > Noticias 

Noticias 

10 persoas internas do CIS da Coruña participan nas probas de avaliación de Competencias Clave
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

24/05/2023

1 de 1

O recinto ferial internacional da Fundación Semana Verde de Silleda acolleu este sábado as probas de competencias clave que convocou la Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para incrementar a calidade da formación, axustala á demanda de cualificación profesional requerida e mellorar as posibilidades de inserción profesional das persoas desempregadas.

Desde a Fundación Érguete-Integración, co programa de Apoio á inclusión sociolaboral en medio penitenciario financiado pola Convocatoria de Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% da Xunta de Galicia – Consellería de Política Social, acompañaron a 10 persoas internas do CIS de A Coruña ao recinto para a elaboración dos exames.

As competencias clave, en concreto, facilitan o acceso aos requisitos de formación necesarios para participar nos cursos para os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 a aquelas persoas que non as posúan. Así que agardamos con ansias os resultados e felicitamos ao alumnado desta actividade polo seu esforzo e dedicación neste tempo de preparación!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Apoio á inclusión sociolaboral en medio penal

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA