Cookies

Noticias 

© FEI | 26/04/2024 | De pé, de esquerda a dereita: Rubén Cagiao, María Dolores Castiñeira Alén, Selene González Luis y María Sandra Bastos

Arranca o curso de Operacións Básicas de Almacenaxe e Reposición de Mercadorías en Salceda de Caselas

A formación, impartida pola Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello de Salceda, inclúese no programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de Pontevedra

26/04/2024 | Salceda de Caselas

Este mediodía tivo lugar, no Centro Social a Devesa de Salceda de Caselas, a inauguración do curso que a Fundación Érguete Integración levará a cabo este ano en colaboración co Concello de Salceda, para formar a doce persoas desempregadas e con dificultades para acceder ao emprego en “Operacións básicas de almacenaxe e reposición de mercadorías”.

Ao acto acudiron a deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra, María Sandra Bastos; María Dolores Castiñeira Alén e Selene González Luis, alcaldesa e concelleira de Benestar Social do municipio respectivamente; Sole Costas, responsable do programa Emprego Inclusivo na Fundación Érguete-Integración e o presidente da entidade, Rubén Cagiao, que quixo recalcar a finalidade desta formación e o compromiso da fundación co alumnado: "El objetivo máximo de esta formación es la inserción en el mercado laboral (...) Es nuestra misión proporcionaros esta oportunidad".

Ao longo de 110 horas de formación, repartidas entre os meses de abril e maio, as persoas participantes cursarán módulos de almacenaxe e reposición, carretilla elevadora e manipulación de alimentos, igualdade de oportunidades ou emprendemento, entre outros. Deste xeito, poderán adquirir as capacidades específicas necesarias para realizar operacións como auxiliares de almacén, recepción, reposición, preparación e expedición de pedidos e de cargas e descargas, etc., e traballarán no desenvolvemento de diferentes competencias transversais e habilidades para a procura de emprego. Por último, poderán completar a súa formación con outras 80 horas de prácticas en empresas da área, o que lles permitirá exercitar as destrezas e habilidades adquiridas e coñecer de primeira man as oportunidades do sector.
 
A formación realízase ao abeiro do programa Emprego Inclusivo, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e financiado pola Deputación de Pontevedra, que ten como finalidade mellorar a empregabilidade de persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social, de xeito que poidan incorporarse ou volver ao mercado laboral, desde un enfoque de empoderamento da persoa e perfeccionamento das súas competencias.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Emprego Inclusivo