Cookies

Noticias 

© FEI | 17/11/2023 | Acto de Clausura do Proxecto Dana en 2023

Clausuramos o Proxecto Dana

Esta semana despedimos ás participantes cunha entrega de diplomas e unha demostración dos seus avances

17/11/2023 | Vigo

Esta semana tivo lugar a clausura do Proxecto Dana na sede da Fundación. Acompañounos en representación da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos, Deputada de Igualdade e Benestar social.
 
Nun acto moi emotivo, as participantes expresaron como se foron sentindo ao longo destes meses de traballo e tamén realizaron unha demostración da súa evolución na área da defensa persoal. Ademais da entrega de diplomas, a Deputada fixo entrega dunha bolsa de obsequios a cada participante (libro, libreta, botella de cristal..)
 
Para nós é un pracer celebrar estes actos nos que podemos observar como se cumpren os obxectivos dos nosos proxectos: todas conseguiron crear ese espazo seguro e de apoio no que compartir experiencias. Con todo o ánimo para seguir levando a cabo proxectos tan importantes para nós coma este. Grazas a todas as participantes.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > IGUALDADE > Proxecto DANA