Cookies

Noticias 

© FEI | 25/04/2016 | Carmen Avendaño no IES CASTRO ALOBRE de Vilagarcía de Arousa

Carmen Avendaño convidada a participar no programa APS do IES CASTRO ALOBRE de Vilagarcía de Arousa

A presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avendaño, foi convidada a participar, en calidade de relatora, nun programa educativo que leva a cabo o Departamento de Filosofía do IES CASTRO ALOBRE de Vilagarcía de Arousa.

25/04/2016 | Vilagarcía de Arousa

O programa denomínase APS (Aprendizaxe Servizo) e se orienta a que o alumnado sexa coñecedor do seu entorno por observación e contacto: trátase de aprender mediante a inmersión nos temas que estudan. Deste xeito, para tratar o tema das drogas entre mozos e mozas de 4º da ESO, expúxose a loita contra a drogadicción que levou a Carmen Avendaño a converterse nun símbolo de responsabilidade e compromiso. A nosa presidenta relatou as súas experiencias, sentimentos e sacrificios co fin de que sirvan para concienciar aos participantes.

Foi unha agradable e produtiva mañá. Desde a Fundación Érguete-Integración agradecemos a invitación ao IES CASTRO ALOBRE de Vilagarcía de Arousa.
 

Arquivada en:
Empresas > Responsabilidade Social Empresarial