Cookies

Noticias 

© FEI | 11/10/2023 | Inicio dos itinerarios en Auxiliar de Xeriatría na Lama

Inicio dos itinerarios en Auxiliar de Xeriatría na Lama

10 persoas privadas de liberdade comezaron o novo itinerario do Programa de Apoio á inclusión sociolaboral no medio penal

11/10/2023 | Vigo

O pasado 2 de outubro, 10 persoas privadas de liberdade comezaron un novo itinerario formativo no Centro Penal A Lama, a través do Programa de Apoio á inclusión sociolaboral no medio penal.

Esta formación está vinculada ás accións promotoras de acceso e permanencia ao mercado laboral. O aumento da esperanza de vida, trouxo consigo o envellecemento da poboación, razón pola que xorden necesidades e servizos relacionados coas persoas maiores, que han de ser cubertos por profesionais con formación especializada.

A profesión de Auxiliar de Xeriatría eríxese como saída profesional para dar resposta a este fenómeno. A formación que están a realizar consta de 120 horas lectivas e está certificada por unha Universidade Europea.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Apoio á inclusión sociolaboral en medio penal