Cookies

Noticias 

© FEI | 03/10/2023 | Acto de Apertura do curso de Auxiliar de Almacén de Emprego Inclusivo en Tui

Comeza a formación de Auxiliar de Almacén en Tui

Financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa Emprego Inclusivo e impartida pola Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello de Tui, está dirixida a persoas desempregadas

03/10/2023 | Tui

O acto de apertura de Emprego Inclusivo no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui (Guillarei) ás 12.30h, foi aberto polo Vicepresidente da Fundación, D. Rubén Cagiao Avendaño.

Tamén interviñeron na presentación, Roberto Álvarez Carrero, Deputado de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da Deputación de Pontevedra, Enrique Cabaleiro González, Alcalde do Concello de Tui e Ana Núñez Álvarez, Concelleira de Emprego e Comercio, que insistiron na importancia de programas coma este que detecten as necesidades das persoas e contribúan a súa incorporación ao mercado laboral.

O curso de Auxiliar de Almacén, contará con 12 participantes en situación de desemprego e terá unha duración de 190 horas. Impartirase o módulo específico de formación en auxiliar de almacén, manipulación de alimentos, carretilla elevadora e competencias transversais, ademais das prácticas non laborais en empresas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Emprego Inclusivo