Axenda de actividades
ACTIVIDADE: Curso manexo do teléfono móbil Maio 2024
Manexo do móvil: xestiona axustes para mellorar o rendimento, aprende a utilizar eficientemente as apps de uso máis habitual e procura de emprego
06/05/2024 - 10/05/2024 | Vigo
Curso gratuíto, dirixido a persoas que teñan teléfono móbil (excepto HUAWEI, ALCATEL, VIVO e IPHONE e que estean en procura activa de emprego.
A continuación detállanse o resto de datos do curso:
- Nº prazas: 10
- Duración: 15 horas
- Inicio: 6 de maio de 2024
- Fin: 10 de maio de 2024
- Horario: 9:00 a 12:00 horas
- Diploma ao finalizar (previa asistencia ao 80% do curso)
Se che interesa participar, acode á nosa entidade (Fundación Érguete-Integración, Av. E. Martínez Garrido, 21, Interior). Tamén podes chamar ao teléfono 986 253 176, (solicita falar co Ciber Emprego). Ou envía un email a ciberemprego@gmail. com, poñendo na liña de Asunto: “Interesada/o curso MÓBIL”, deixándonos un nº de teléfono de contacto. Chamarase por orde de inscripción.
O prazo para a inscrición remata o luns 29 de abril.
Lugar de celebración:
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Informática