Noticias
© FEI | 24/11/2023 | Manifesto do 25N Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Manifesto do 25N
Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
24/11/2023 | Vigo
Depende de toda a sociedade conseguir erradicar a violencia contra as mulleres, por iso debemos de ser axentes activos, pois o silencio, a pasividade ou a indiferenza ante as súas distintas formas de manifestarse son mecanismos que a sosteñen. Debemos involucrarnos, dando apoio e protección ás vítimas, así como ás súas fillas e fillos, e rexeitando aos maltratadores.
Desde a Fundación Érguete-Integración e EIL Cormo Integral cremos firmemente que a educación é a nosa ferramenta máis potente para erradicar esta lacra social, por iso nosa entidade social apostou por incorporar a transversalidade de xénero en todas as súas accións e intervencións, así como formar e sensibilizar a todo o seu persoal. E ademais consideramos que para que esta educación sexa realmente integral é necesario que mulleres e homes cuestionemos como fomos educados e socializados.
Parécenos fundamental seguir dando visibilidade á existencia da violencia de xénero contra as mulleres, xa que dende a Fundación continuamos detectando moitas mulleres que foron vítimas de violencia de xénero, así como comprobamos a necesidade que teñen aínda moitas mulleres de que se xeren espazos ou actividades onde elas se sintan seguras, acompañadas e escoitadas. Por iso desde a entidade realizamos proxectos e programas como DANA, OLIMPIA, EVA ou ACHÉGATE Á REDE.
Sen esquecernos de seguir traballando en rede con outras entidades para dar soporte e apoio a estas mulleres, axudándoas no seu proceso de mellora da súa autoestima, empoderamento e independencia.
Debemos loitar por construír unha sociedade libre de todo tipo de violencias.
Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa > Área de Igualdade