Cookies

Noticias

A continuación presentámosche as 6 noticias máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar noticias que cumpran uns criterios específicos.

06/05/2024

A Fundación Érguete-Integración recibe o Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais

O galardón, concedido pola Deputación da Coruña, recoñece a innovación e o compromiso social do proxecto Entre Patios

30/04/2024

Dorothé Schubarth, a musicóloga que recuperou o cancioneiro popular galego

Nada en Suíza, Schubarth desenvolveu un enorme traballo de recuperación e análise da música popular no continente europeo

26/04/2024 | Salceda de Caselas

Arranca o curso de Operacións Básicas de Almacenaxe e Reposición de Mercadorías en Salceda de Caselas

A formación, impartida pola Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello de Salceda, inclúese no programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de Pontevedra

22/04/2024

A Fundación Érguete-Integración súmase ao manifesto da Rede Europea de Redución de Danos

Ás portas das eleccións europeas, o texto avoga pola defensa dunha “política de drogas que promova unha Europa máis segura, máis saudable, e máis xusta”. 

19/04/2024

A Consellería de Emprego e Igualdade pon en marcha unha nova ferramenta de apoio á orientación laboral

Emprego Intelixente (EMi), será utilizada tanto polo Servizo de Emprego de Galicia como polos seus centros colaboradores, entre os que se atopa a Fundación Érguete-Integración

16/04/2024

O persoal da Fundación realiza un curso de Xestión e xustificación económica de proxectos

A formación desenvólvese ao abeiro dos Bonos Talento Empresa, axudas destinadas á realización de proxectos formativos de curta duración e de carácter non formal