Cookies

E.I.L. Cormo Integral S.L.U.

E.I.L. Cormo Integral S.L.U.
Empresa de Inserción laboral que ofrece ocupación a persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario.

Somos unha empresa de inserción que proporcionamos un posto de traballo temporal remunerado, onde o traballador pode adquirir as capacidades profesionais necesarias para favorecer o seu acceso ao mercado laboral convencional.

Estamos especializados nos servizos de:

  • Xardinería, dándolle a mellor solución para o seu xardín e adaptándonos ás necesidades do seu orzamento.
  • Forestal, realizando tanto rozas como tratamentos silvícolas específicos.
  • Medioambiente, realizando traballos de restauración recuperación e mantemento de zonas de ribeira e recuperación de terreos.

Ofrecemos os nosos servizos a particulares, administración pública e organismos oficiais.

A nosa sede está situada en Vigo, pero o noso ámbito de actuación esténdese á provincia de Pontevedra.

E.I. L.  CORMO INTEGRAL  SLU, en cumprimento do Art. 6º do  RD 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, créase o seu rexistro administrativo e establécense as medidas para o fomento da inserción sociolaboral e da Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, conta co seguinte número de rexistro: 66/005/2008/ EIL. 

Enlace a listaxe de empresas de inserción Laboral https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese?content=/Portal-CEI/unidades-informacion/iniciativas/iniciativa_00254.html&topic=topic_0104.html

 

Persoa de contacto: Charo González Costas

E.I.L.Cormo Integral
Avda. Martínez Garrido 21 (interior) 36205.
Vigo [ Pontevedra ] España.
T. +34 986 253 176     M. +34 680 401 771     F. +34 986 263 297
eil@cormointegral.es

Ver mapa en Google Maps