Cookies

Noticias 

© Rede Europea de Redución de Danos | 22/04/2024 | Manifesto sobre política de drogas para as eleccións ao Parlamento Europeo 2024

A Fundación Érguete-Integración súmase ao manifesto da Rede Europea de Redución de Danos

Ás portas das eleccións europeas, o texto avoga pola defensa dunha “política de drogas que promova unha Europa máis segura, máis saudable, e máis xusta”. 

22/04/2024

De cara ás eleccións ao Parlamento Europeo, que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño en España,  dende a Fundación Érguete-Integración decidimos sumarnos á campaña impulsada pola Rede Europea de Redución de Danos (Correlation European Harm Reduction Network) para promover un novo paradigma nas políticas sobre drogas promovidas dende a UE.
 
A iniciativa, apoiada xa por máis de cincuenta entidades europeas, pretende exhortar ás organizacións da sociedade civil, partidos políticos e persoas candidatas ás eleccións a apoiar un cambio que concentre os seus esforzos en acadar unha política europea de drogas “pragmática, innovadora e centrada nos dereitos humanos”.
 
As  principais reivindicacións do manifesto apuntan ao cese da guerra contra as drogas e das narrativas que estigmatizan e culpabilizan ás persoas que consumen, que non están a demostrar ningún resultado. No seu lugar, reivindícanse medidas centradas na prevención, o tratamento e a redución do dano, baseadas na evidencia e a inclusión dos colectivos vulnerabilizados. Ademais, aposta polo incremento da inversión en atención sanitaria e social, a ampliación das garantías de participación da sociedade civil e das comunidades, e a exploración de enfoques innovadores, como a regulación responsable de sustancias.
 
Le o manifesto completo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias