Cookies

Proxecto Virada

Proxecto Virada
Promover a incorporación sociolaboral de persoas con trastornos aditivos e patoloxía dual

Consiste na elaboración dunha folla de ruta individualizada, cunha duración estimada de seis meses, para a promoción e desenvolvemento das capacidades de 80 persoas que atendemos dentro do programa Sísifo, con trastorno aditivo ou patoloxía dual en situación de exclusión social severa.
Deste xeito pretendemos axudarlles no empoderamento necesario para que se vexan coas forzas e motivación para exporse e emprender o camiño cara os seus propios obxectivos, incluída a incorporación sociolaboral.

O obxectivo do proxecto é promover a incorporación sociolaboral de persoas con trastornos aditivos e patoloxía dual mediante accións e intervencións que pretenden implicar activamente, responsabilizar, promover e facilitar ás persoas a súa autonomía, desenvolvemento e benestar social, mediante as seguintes actuacións:
a) Realización de follas de ruta individualizadas para o proceso de incorporación sociolaboral
b) Intervencións de apoio psicosocial
c) Cursos de capacitación específicos:
a. Comunicación asertiva e control da agresividade.
b. Capacitación en habilidades persoais e comunicación.
c. Competencias dixitais e acceso á administración electrónica
d) Intervencións de apoio sociolaboral

 

O proxecto desenvólvese nas cidades de Vigo, Marín e A Coruña.

 

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais