Calor - Café
Alimentación básica, hixiene, prevención e orientación para persoas en situación de emerxencia social
É un espazo de encontro e acollida para drogodependentes en situación de emerxencia social e para persoas en situación de exclusión social severa.
Ofrecémosvos unha alimentación básica (almorzo e/ou bocadillo), kits de hixiene (para aseo básico), medidas preventivas (preservativos, xiringas, etc.), un espazo para o descanso e, o máis importante, permite determinar as túas necesidades e ofrecerche información, asesoramento, apoio psicolóxico, orientación e derivación.
Nas instalacións da Fundación Erguete - Integración (Vigo e Coruña) tamén ofrecemos servizos de duchas, roupeiro e lavandería.
Estamos en:
VIGO
Contacto: 698 119 803 / 986 253 176 | sisifo@fundacionerguete.org
- Local da Fundación Erguete – Integración, de 8:00 a 9:30 h.
- Unidade móbil, rúa Jacinto Benavente esquina rúa A Paz, Lunes, miércoles y viernes de 10:00 a 12:30 h.
MARÍN - PONTEVEDRA
Contacto: 698 119 803 | sisifo@fundacionerguete.org
- Na Escola Naval. Martes e xoves na unidade móbil de 10:00 a 12:30h
A CORUÑA
Contacto: 881 896 801 | sisifocoruna@gmail.com
- Local Calor-Café de 9:00 a 12:00 h.