Cookies

Mulleres Privadas de Liberdade

Mulleres Privadas de Liberdade
PROXECTO E.V.A. (Emprego – Visibilidade – Autonomía)

O Proxecto E.V.A. comprende actividades que xorden das necesidades da poboación feminina reclusa, de cara á súa incorporación ao mercado de traballo ao finalizar a condena, e a mellorar as súas condicións mentres dura esta.


Traballamos tanto en medio pechado (centros penitenciarios de A Lama, Teixeiro e Pereiro de Aguiar) como en medio aberto (Centros de Inserción Social de Vigo e A Coruña).

 

Realízanse as seguintes actuacións:

  • Servizos de orientación e información sobre recursos de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás mulleres reclusas o seu proceso de integración social
  • Servizo de atención psicolóxica, mediante recursos individuais ou colectivos e a intervención do profesional.
  • Servizo de mediación intercultural e/ou familiar, que mellora a convivencia no centro e prepara ás persoas para a súa inserción nunha sociedade plural e intercultural cando alcancen a liberdade.
  • Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora de empregabilidade
  • Servizos ou medidas de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade e de acompañamento na busca de emprego, incluído o emprego por conta propia e o  emprendemento, así como prospección do mercado de traballo, intermediación e titorización laboral e profesional
  • Proxecto Comunicadas: potenciar as destrezas comunicativas e habilidades sociais desde a perspectiva de xénero para mellorar a seguridade e fortaleza persoal nun grupo de mulleres privadas de liberdade. 

 

Responsable: Ana M. Alvarez Franco

Contacto: funderguete@fundacionerguete.org