Cookies

Financiamento público

MINISTERIO DO INTERIOR, SECRETARÍA XERAL DE INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS. Subvencións para a colaboración na execución e seguimento das medidas alternativas á pena privativa de liberdade e determinados programas de atención social.
Período: setembro-decembro 2023
Obxecto: Proxecto PORTAS ABERTAS, talleres de mellora da empregabilidade no Centro de Inserción Social Carmela Arias y Díaz de Rábago da Coruña.
Contía: 7.200,00 €
 
      
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. ORDE do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D).
Período: 2023-2024
Obxecto: 2 accións formativas para o persoal da entidade: Edición da páxina web (16 horas) e Xestión e xustificación económica de proxectos (20 horas)
Contía: Coste económico: 15.193,80 €
             70% Intensidade (artigo 11.2 orden convoc.): 10.635,66 €
      
CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL E XUVENTUDE. ORDE do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).
Período: 2024
Obxecto: Programa de atención ás necesidades básicas e Programa de apoio á inclusión sociolaboral en medio penal
Contía: 70.759,80 €
 
CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL E XUVENTUDE. ORDE do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).
Período: 2023
Obxecto: Programa de atención ás necesidades básicas e Programa de apoio á inclusión sociolaboral en medio penal
Contía: 64.838,00 €
      
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE. ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS631A).
Período de execución: 2023 - 2025
Obxecto: Servizo de apoio e transición ao emprego e formación adaptada (Competencias Dixitais e Preparación probas E.S.O.)
Contía: 116.603,20 €
 
   
CONSELLERÍA DE SANIDADE. ORDE do 18 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, polo procedemento de anticipado de gasto, o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedimiento SA500A).
Período: 2023
Obxecto: Proxecto VIRADA. Liña IV. a) Programas dirixidos á procura de emprego das persoas cun trastorno mental ou aditivo, mediante a adquisición de valores, competencias e habilidades.
Contía:  9.322,56 €
 
   
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Itínere.
Período: 2023
Obxecto: desenvolvemento de programas e actividades do Programa ITÍNERE, de seguimento e atención das persoas en tratamento unha vez excarceradas, no eido da incorporación social de persoas con trastornos aditivos.
Contía: 117.343,00 €
 
   
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI461B).
Período: 2023-2024
Obxecto: 2 contratacións, durante 12 meses (unha a media xornada e outra a xornada completa)
Contía: 34.853,88 €   
 
   
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2023 (código de procedemento TR331A).
Período vixencia: 2023-2024
Obxecto: subvención para a contratación de 1 persoa técnica para a realización de actividades de orientación laboral
Contía: 27.000,00 €
 
   
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI427A).
Período vixencia: 2022-2023
Obxecto: Proxecto E.V.A. (Emprego-Visibilidade-Autonomía)
Contía: 31.866,49 €
 

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A)
Período: 2024
Obxecto: Programa ACHÉGATE Á REDE. Servizo de apoio dixital (Vigo) e formación en competencias dixitais (Vigo e A Coruña)
Contía: 17.260,00 €
 

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, no ano 2022 (código de procedemento SI452A).
Período: 2023
Obxecto: Programa ACHÉGATE Á REDE
Contía: 17.060,00 €
 

CONSELLERÍA DE SANIDADE. ORDE do 4 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA645A).
Período vixencia: 2022-2023-2024-2025
Obxecto: Accións de saúde pública no campo do VIH, hepatite e outras infeccións de transmisión sexual.
Contía: 81.108,00 €
 

CONSELLERÍA DE SANIDADE. ORDE do 14 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, que incorpora fondos procedentes do tramo autonómico da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463F).
Período vixencia: 2022-2023-2024-2025
Obxecto: Programa SÍSIFO
Contía: 232.081,39 €
 

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO E IGUALDADE. ORDE do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e procédese á súa convocatoria para ou ano 2022 (código de procedemento TR352A).
Período vixencia: 2022-2023
Obxecto: contratación de 4 profesionais para o proxecto Apoio para a inclusión sociolaboral de colectivos desfavorecidos.
Contía: 67.947,00 €
   
CONSELLERÍA DE SANIDADE. ORDE do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).
Período: 2022
Obxecto: Programa VIRADA. O obxectivo do proxecto é promover a incorporación sociolaboral de persoas con trastornos aditivos e patoloxía dual mediante accións e intervencións que pretenden implicar activamente, responsabilizar, promover e facilitar ás persoas a súa autonomía, desenvolvemento e benestar social.
Contía: 6.834,03 €
 
   
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI461B).
Período vixencia: 2022-2023
Obxecto: 2 contratacións, durante 12 meses (unha a media xornada e outra a xornada completa)
Contía: 34.042,44 €
 

DEPUTACIÓN DA CORUÑA. Programa FOAXE-P/2023. Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2023.
Período vixencia: 2023
Obxecto: SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL NO MEDIO PENAL, para favorecer a formación integral dos/as internos/as e mellorar a súa cualificación profesional, competencias profesionais e persoais para a inserción social e laboral no momento da excarceración, facilitando a súa integración na sociedade.
Contía: 7.302,01€
Porcentaxe de financiamento: 80,00%
 

DEPUTACIÓN DA CORUÑA. Programa FOIE/2023. Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2023.
Período vixencia: 2023
Obxecto: ACONDICIONAMENTO DE LOCAL PARA SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL, Barrio das Flores, R/ Azar, Bloque 48, Portal 8-baixo - 15008 A Coruña
Contía: 2.130,80 €
Porcentaxe de financiamento: 79,98%
 

DEPUTACIÓN DA CORUÑA. Programa FOAXE-P/2022. Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2022.
Período vixencia: 2022
Obxecto: SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL NO MEDIO PENAL, para favorecer a formación integral dos/as internos/as e mellorar a súa cualificación profesional, competencias profesionais e persoais para a inserción social e laboral no momento da excarceración, facilitando a súa integración na sociedade.
Contía: 6.802,94€
Porcentaxe de financiación: 80,00%
 
DEPUTACIÓN DA CORUÑA. Programa FOIE/2022. Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2022.
Período vixencia: 2022
Obxecto: ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO PARA CALOR-CAFÉ, estores, despachos de billetes, cámara fotográfica e material auxiliar. Barrio das Flores, R/ Azar, Bloque 48, Portal 10-baixo - 15008 A Coruña
Contía: 1.350,75 €
Porcentaxe de financiamento: 79,99%
 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Subvención nominativa do ano 2023 para o desenvolvemento do Proxecto EMPREGO INCLUSIVO.
Período execución: 2023
Obxecto: Proxecto Emprego Inclusivo, que ten coma finalidade mellorar a empregabilidade das persoas en risco ou posible risco de exclusión, para conseguir a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral.
Contía: 12.500,00 euros
 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Subvencións dirixidas ás Entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da Igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero para o ano 2023.
Período execución: 2023
Obxecto: Proxecto DANA, que combina aspectos técnicos da defensa persoal xunto con ferramentas psicoemocionais, de xeito que as mulleres adquiran a capacidade para actuar nas posibles situacións de perigo, afrontándoas tanto de maneira física como cunha xestión emocional adecuada. Ademais da adquisición de ferramentas que lles permiten recoñecer e frear agresións psicolóxicas e emocionais.
Contía: 3.331,00 euros
 

CONCELLO DE VIGO. Convenio de colaboración da Concellería de Política de Benestar Social coa “ASOCIACIÓN ÉRGUETE PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN EN CONDUTAS ADICTIVAS” e coa “FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN” para o desenvolvemento dun programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependentes e dun programa de redución do dano en medio aberto (“PROGRAMA SEREOS”)
Periodo vixencia: 2023-2025
Obxecto: Programa de redución do dano en medio aberto (PROGRAMA SEREOS)
Contía: 12.000,00 € (anuais)
 

CONCELLO DE VIGO. Subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2023.
Período vixencia: do 01/06/2023 ata o 31/10/2023
Obxecto: Proxecto VERBAS. Trátase de desenvolver unha serie de actividades deseñadas para persoas en situación de exclusión social ou desprotección e/ou drogodependentes, co propósito de favorecer a difusión de información relativa á VIH e Hepatite C
Contía: 1.444,76 euros
 
   
CONCELLO DE VIGO. Subvencións da Concellería de Igualdade a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres no ano 2023.
Período vixencia: do 22/09/2023 ata o 29/10/2023
Obxecto: Proxecto OLIMPIA. O programa consiste en tres talleres: Nutrición para mulleres, A construcción dos modelos de beleza no sistema patriarcal, e Alimentación e ciclo vital.
Contía: 1.109,00 euros
 

CONCELLO DE VIGO. Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2023.
Período vixencia: do 01/03/2023 ata o 31/07/2023
Obxecto: Proxecto "ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL". Contratación de 2 persoas.
Contía: 18.178,20 euros
 
 
CONCELLO DA CORUÑA. Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade do Excmo. Concello da Coruña para o exercicio 2023.
Período vixencia: 2023
Obxecto: Proxecto XEITOS DE VER. Pretende sensibilizar, a un grupo de persoas en situación de privación de liberdade en particular e á cidadanía en xeral, acerca dos estereotipos de xénero e as situacións de desigualdade e violencia existentes na sociedade.
Contía: 2.188,12 €
 

CONCELLO DA CORUÑA. Subvencións para entidades sen ánimo de lucro destinadas a actividades ou proxectos de interese social para o exercicio 2023.
Período vixencia: 2023
Obxecto. Calor-café. Espazo de encontro e acollida para drogodependentes en situación de emerxencia social e para persoas en situación de exclusión social severa.
Contía: 2.417,00 €
 

CONCELLO DE CARBALLO (A CORUÑA). Subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para actividades de servizos sociais, no Concello de Carballo durante o ano 2023.
Período de execución: 2023
Obxecto: O Proxecto TRAZANDO MUROS abarca unha serie de talleres que incidirán nas competencias persoais e relacionais dun grupo de dez persoas da contorna de Carballo que cumpran condena no Centro Penitenciario de Teixeiro, para mellorar súa convivencia dentro e fora do centro.
Contía: 2.940,00 euros
      Imprimir