Cookies

Noticias 

© FEI | 16/04/2024 | Curso de Xestión e xustificación económica de proxectos para persoal da Fundación

O persoal da Fundación realiza un curso de Xestión e xustificación económica de proxectos

A formación desenvólvese ao abeiro dos Bonos Talento Empresa, axudas destinadas á realización de proxectos formativos de curta duración e de carácter non formal

16/04/2024

Ao longo do mes de abril e a primeira semana de maio, quince persoas traballadoras da Fundación Érguete-Integración están a participar nunha formación en Xestión e xustificación económica de proxectos, cun total de vinte horas de duración. O curso pretende dotar ás persoas participantes das ferramentas, coñecementos e aptitudes necesarias para a correcta xestión e control das axudas e fondos outorgados polos distintos financiadores. Para isto, establécense como obxectivos fundamentais coñecer a normativa e a lexislación relativa á xestión de subvencións; adestrar as capacidades e aptitudes necesarias para enfocar a coordinación, a xestión e o control dos fondos, conforme aos criterios e requisitos marcados polos financiadores, e instruír ás persoas participantes nos sistemas de auditoría e ferramentas de control requiridos para realizar unha xustificación económica e técnica de calidade.

Esta formación finánciase a través dos Bonos Talento Empresa, axudas destinadas á realización de proxectos formativos de curta duración e de carácter non formal (“microcredenciais”), que as entidades beneficiarias desenvolven para mellorar a capacitación do seu persoal. Esta liña de axudas, ofrecida pola Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, enmárcanse na Axenda de Capacidades Europea para a competitividade sostible, a equidade social e a resiliencia (COM 2020 274) e na súa Recomendación do 16 de xuño de 2022 relativa a un enfoque europeo das microcredenciais para a aprendizaxe permanente e a empregabilidade (2022/C 243/02). Ademais, están cofinanciadas nun 60% polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), dentro do obxectivo político 4 –“Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais” – ; prioridade 1 –“Emprego, adaptabilidade, emprendemento e economía social” –; obxectivo específico ESO 4.4 –“Promover a adaptación dos traballadores, as empresas e os emprendedores ao cambio, o envellecemento activo e saudable e un contorno de traballo saudable e ben adaptado que aborde os riscos para a saúde”–, e medida 1.D.01. –“Axenda Galega de Capacidades para o Emprego. Formación de persoas traballadoras” –.
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias