Cookies

Noticias 

© FEI | 01/03/2024 | Curso de preparación das Competencias Clave Nivel 2

Comezan os cursos preparatorios para a avaliación en Competencias Clave Nivel 2 en A Lama e Teixeiro

Un total de vinte e sete persoas privadas de liberdade prepáranse para a avaliación da súa formación en matemáticas e lingua

04/03/2024

O programa Itínere de Fundación Érguete-Integración, a través do convenio de Colaboración co Servizo Galego de Saúde, desenvolve nas Prisións da Lama (Pontevedra) e Teixeiro-Curtis (A Coruña) dous cursos preparatorios para a avaliación en Competencias Clave Nivel 2, cun total de cento sesenta e cinco horas formativas cada un.
 
Vinte e sete persoas privadas de liberdade comezaron hoxe esta formación preparatoria, que lles permitirá afrontar, dentro duns meses, a avaliación das súas competencias en matemáticas e lingüística (tanto en castelán como en galego). Esta avaliación levarase a cabo mediante unha proba que a Xunta de Galicia realizará nos seus respectivos centros penais.
 
Para moitas das persoas participantes, esta actividade comporta un gran reto, dado que levan anos á marxe da formación académica.  Non obstante, a superación das probas oficiais supón tamén a posibilidade de mellorar o seu perfil de empregabilidade, ao dispoñer dunha cualificación que permite o acceso a Certificados de Profesionalidade, abrindo, sen dúbida, unha porta ao seu futuro laboral e reinserción social.
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere