Cookies

Noticias 

© FEI | 14/12/2023 | Xornada sobre saúde mental dende a perspectiva socioeducativa do CEESG

Participamos na “Xornada sobre saúde mental dende a perspectiva socioeducativa” do CEESG

A Facultade de Ciencias da Educación da USC acolleu hoxe o acto, organizado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

14/12/2023 | Santiago de Compostela

A Fundación Érguete-Integración participou esta mañá nunha mesa redonda en Santiago de Compostela, na que diversas entidades do terceiro sector compartiron as súas experiencias en proxectos relacionados coa saúde mental en colectivos vulnerables.

A responsable do programa de intervención en medio penal, María Rodríguez, achegou información sobre o proxecto de Formación de internos e internas de apoio en prisión, que a Fundación ven desenvolvendo nos centros penitenciarios de A Lama (Pontevedra), Teixeiro (A Coruña) e Pereiro de Aguiar (Ourense). Mediante este proxecto, persoas privadas de liberdade reciben formación homologada como auxiliares de psiquiatría e adquiren as competencias técnicas necesarias para prestar o seu soporte como internas e internos de apoio. Así mesmo, a formación procura mellorar o perfil de empregabilidade do alumnado, facilitando a súa incorporación ao mercado laboral unha vez sexan excarcerados.

A técnica presentou tamén a Guía pola prisión: desmentindo bulos e resolvendo dúbidas, elaborada dende a Área de Intervención Penal da Fundación para desmontar algúns dos prexuízos que unha gran porcentaxe de poboación presenta entorno ás persoas privadas de liberdade e a vida en prisión.

No encontro, as entidades participantes tiveron a oportunidade de debater entre elas e comparar experiencias, así como de dar a coñecer os seus proxectos ao público asistente, formado principalmente por alumnado e profesorado do Grao de Educación Social.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere