Cookies

Noticias 

© Calamity Films | 09/07/2019 | Imaxe promocional da película 'Pride'

VIDEOFORUM DO FILME ‘PRIDE (Orgullo)’ sobre a loita pola igualdade de dereitos

O Programa Sísifo proxectará a persoas destinatarias do programa na Coruña este filme o mércores 10 de xullo, aproveitando a recente celebración do Día do Orgullo LGTBI

09/07/2019 | A Coruña

Tras a celebración do Día do Orgullo LGTBI o 28 de xuño, a pasada semana viñéronse sucedendo numerosos eventos e desfiles en todas partes do mundo que, dende fai anos, buscan reivindicar a loita pola igualdade de dereitos para as persoas do colectivo LGTBI.

Concretamente neste 2019 cumpríronse 50 anos da orixe do Día do Orgullo LGTBI. Este día reivindicativo naceu en 1969 en Nova York cando, tras unha redada policial contra o colectivo homosexual nun bar da cidade, déronse unha serie de manifestacións espontáneas.

Dende o Programa Sísifo da Fundación Érguete-Integración, de atención a drogodependentes e outras persoas en situación de exclusión social severa, queren levar esta importante mensaxe de liberdade e igualdade de dereitos de todas as persoas ás súas usuarias e usuarios. Por iso, na nosa sede da Coruña, as persoas beneficiarias do programa poderán ver este mércores, 10 de xullo, o filme Pride (Orgullo), tras o cal haberá una pequena charla para comentar o mesmo.


Esta película está baseada nun feito real que aconteceu en Londres en 1984. Nese verán, con Margaret Thatcher no poder, o Sindicato Nacional de Mineiros (NUM) convoca unha folga. Durante a manifestación do Orgullo Gay en Londres que se celebra nesa época, un grupo LGTBI decide facer una recadación de fondos para apoiar ás familias deses traballadores en folga. Non obstante, o sindicato non acepta o diñeiro, pois pensa que é unha vergoña obtelo destas persoas. Ante isto, o grupo decide poñerse en contacto directamente coas familias dos mineiros, non a través do Sindicato e van a un pobo de Gales, onde se iniciará una historia sen precedentes, na que dúas comunidades sen relación aparente, farán fronte por una causa común.

Arquivada en:
Empresas > BOLETÍN PARA O EMPREGO > Boletín Incorpora Nº 3-xullo/2016
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo