Cookies

Noticias 

Taller de Voluntariado Corporativo Obra Social La Caixa

Para persoas beneficiarias dos programas Itínere/ReIncorpora

22/01/2018 | Vigo

O próximo 30 de xaneiro, e por terceiro ano consecutivo, dará comezo o Taller de Comunicación e Emprego a través do voluntariado corporativo da Obra Social la Caixa. Trátase dun taller para persoas en busca activa de emprego e beneficiarias dos programas Itínere/ReIncorpora (programa de incorporación social e laboral de persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarcelación) e terá lugar no Centro de Inserción Social de A Coruña.

Serán 15 o número de persoas internas que disfrutarán neste taller. Estará dividido en varios módulos orientados á mellora das Habilidades Sociais e Comunicativas das persoas internas, Atención á Clientela, Informática Básica aplicada á busca do emprego, simulación de entrevistas de traballo, emprendemento e autoemprego e, por último, educación financieira.

CaixaBank apoia as inquietudes solidarias dos seus empregados e, para que poidan efectuar a súa contribución ó desenrolo de iniciativas solidarias, pon á súa disposición programas como éste, no que traballadores en activo imparten os diferentes módulos.

A finalidade deste programa reside en fomentar a capacidade de comunicación, diálogo e auto confianza dos participantes de cara á súa vida en liberdade e a súa reincorporación ó mercado laboral. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere