Cookies

Noticias 

© FEI | 22/05/2019 | Abertas as inscricións para este taller do Programa Achégate.

Novo taller de ACHÉGATE: ‘Habilidades e competencias para o emprego’ destinado a mulleres

Aberto o período de inscrición para esta acción formativa

22/05/2019 | Vigo

Dende a Fundación Érguete-Integración impúlsase un novo obradoiro de balde destinado ás mulleres e que leva por nome ‘Taller de habilidades e competencias para o emprego’. O obxectivo do mesmo é favorecer a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade das persoas participantes a través de actividades grupais.

 

O obradoiro terá unha duración de 7 sesións, do luns 10 ao venres 15 e os días 17 e 18 de xuño en horario de mañá, de 09:30 a 13:00 horas.

 

Esta iniciativa formativa encádrase dentro do Programa Achégate. Este é o máis recente dos que xestiona a entidade e configúrase como un servizo de apoio especializado en xénero, que xurde da necesidade de dotar aos programas que desenvolve a entidade dun servizo específico de información, asesoramento, mediación, atención, tramitación e acompañamento ás mulleres.

 

O taller será impartido por Mar Fernández Cendón, técnica en Igualdade, consultora en perspectiva de xénero e feminismos e docente especialista en  formación de xénero. Entre a súa ampla experiencia na materia destaca a colaboración como docente e investigadora en institucións como a Universidade de Vigo ou o Instituto de la Mujer, así como varios concellos e centros educativos galegos. Tamén participou no programa Conectadas da Deputación de Pontevedra e no Plan de formación do persoal da mesma entidade.

 

Inscribirse nesta actividade é moi sinxelo. As interesadas só terán que enviar un e-mail a itinere.tecnica@gmail.com co seu nome, apelidos e teléfono de contacto ou facelo directamente a través do seguinte formulario de inscrición

 

O cupo máximo de asistentes é de 20 persoas e pódense inscribir ata o 5 de xuño.

 

 

 

A través da subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionadas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > IGUALDADE > Achégate