Cookies

Noticias 

© FEI | 03/05/2019 | Aumento acciones Servizo Orientación Laboral 1º trimestre 2019

O Servizo de Orientación Laboral aumentou nun 38% as súas accións no primeiro trimestre de 2019

Nestes tres primeiros meses do anos atendéronse 69 persoas, fronte ás 41 do período anterior

03/05/2019

O Servizo de Orientación Laboral da Fundación Érguete-Integración, nacido na segunda metade do ano 2018, segue a medrar no seu curto período de vida. Se ben é certo que a Orientación Laboral está presente na esencia dos programas realizados e da propia entidade dende a súa creación, hai 20 anos, non foi ata o ano pasado que se creou como programa propio.

 

Este Servizo de Orientación Laboral (SOL) intégrase na rede de Oficinas de Emprego da Consellería Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. A través del persoas demandantes de emprego poden recibir asesoramento e información sobre as opcións e posibilidades laborais, a procura de emprego ou a oferta formativa.

 

Asesoramento e motivación, principais accións do trimestre
A técnica responsable do Servizo, Silvia Fernández Fuentes, atendeu nestes primeiros tres meses de ano a 69 persoas, 35 homes e 34 mulleres. Isto supón unha clara evolución positiva do programa, que nos seus primeiros meses de actividade a finais do ano pasado atendera un total de 41 persoas.


Ademais, agora o programa conta coa posibilidade de crear Itinerarios Personalizados de Inserción (IPI), dirixidos ao asesoramento, formación e inserción; fronte á situación inicial, na que estes eran cargados desde o Sistema de Garantía Xuvenil.


Esta autonomía do servizo permitiu que no programa mellore a implicación por parte das persoas usuarias, que manifestan a súa satisfacción e ganas de repetir, volver e continuar co servizo. En tres meses abríronse un total de 11 IPIs e acadáronse un amplo número de acordos, máis de 100, coas persoas usuarias. Isto significa que adquiriron o compromiso de realizar unha serie de tarefas, destinadas a axudarlles na súa busca de emprego e/ou formación.

 

Ademais das persoas usuarias atendidas, tamén aumentou considerablemente o número de accións realizadas. No anterior trimestre, o primeiro do servizo, realizáronse un total de 207 accións. Entre xaneiro e marzo de 2019 foron 286. Entre as accións máis habituais están as de motivación e asesoramento, que entre as dúas supón o 42% do total realizado.


Outras accións do programa son a aprendizaxe e aplicación de técnicas de procura de emprego, definición de CV, información da oferta formativa /mobilidade, etc.


Para acceder ao Servizo a persoa pode ser derivada dende o Servizo Público de Emprego de Galicia ou de calquera Oficina de Emprego ou pedilo cubrindo a solicitude na nosas instalacións de Vigo na Avda. de Emilio Martínez Garrido, 21, interior, ou cubrindo este modelo.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Servizo de Orientación Laboral