Cookies

Noticias 

© FEI | 05/05/2016 | Carmen, María e Uxía nun momento da visita

Servizo Solidario Programa REINCORPORA

Prostitución: Oficio ou escravitude.

05/05/2016 | Vigo

Como xa adiantamos na nosa axenda de actividades, o día 04 de maio un grupo de alumnos do programa Reincorpora da Obra Social la Caixa e a súa técnica visitaron a Asociación FARAXA en Vigo. Durante a visita, tivemos a oportunidade de escoitar á súa Presidenta Carmen Lago, acompañada por Uxia unha das técnicas da entidade.

Carmen loitadora e traballadora incansable en prol dos dereitos da muller e máis concretamente de todas aquelas mulleres explotadas sexualmente, en situación de prostitución ou traficadas, relatou con serenidade que se esconde detrás dunha muller que exerce a prostitución así como o que leva a un home a "mercadear" co seu corpo.

Durante as dúas horas que durou a visita, os alumnos tiveron ocasión de realizar preguntas, o que contribuíu moi positivamente a xerar un ambiente distendido e pedagóxico.

Ao comezo do servizo, prantexémonos unha pregunta: Prostitución, Oficio ou Escravitude?. A resposta atopámola esta tarde; un oficio entre outras moitas funcións debería dignificar á persoa, a prostitución mutila, invisibiliza, marca, dana. A prostitución é o máximo expoñente da violencia de xénero.

Grazas ao equipo de FARAXA, desde Fundación Érguete-Integración felicitámosvos polo voso labor.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora