Cookies

Noticias 

© FEI | 02/10/2017 | Carmen Avendaño, Sara Guntín e Tonina Díaz nun momento da charla do Servizo Solidario

Servizo solidario: ''ASOCIANDO IDEAS''

Participantes do Programa Reincorpora INOUT intercambian vivencias  cun grupo de Nais Fundadoras de Érguete.

02/10/2017 | Vigo

“Asociando Ideas” é o título do Servizo Solidario vinculado ao Programa REincorpora INOUT de Vigo.
Durante o pasado mes de agosto os/as participantes organizaron un vídeo fórum coa película Heroína e tiveron ocasión de ver o documental “Ni locas ni terroristas”. Estas dúas actividades achegaron ao grupo ao movemento Érguete.

Posteriormente, o 26 de setembro un grupo de nais e a nosa presidenta Carmen Avendaño, reuníronse con algúns dos participantes Reincorpora. Durante algo máis de dúas horas os alumnos e alumnas do programa non só tiveron ocasión de coñecer de primeira man como e por que xurdiu Érguete, tamén intercambiaron experiencias e vivencias coas nais da Asociación.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora