Cookies

Axenda de actividades

ACTIVIDADE: 'Charla: Qué sabes da celiaquía'

03/10/2016 - 07/10/2016 | Vigo

O vindeiro luns 3 de outubro na sede da Fundación, terá lugar unha charla a cargo de Belén Hermoso da Asociación de Celíacos de Galicia, para explicar aspectos básicos  da  enfermidade celíaca.

A actividade está destinada a un grupo de alumnos/as participantes no Punto Formativo Incorpora "Axudante de Panadaría", como formación complementaria. Esta acción completarase cun Obradoiro de pan sen glute, para o que contamos coa axuda e colaboración do centro de formación, APROINPPA.

Lugar de celebración:

Fundación Érguete-Integración

Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora