Cookies

Noticias 

© FEI | 20/12/2023 | Incorporacións a través dos programas de cooperación 2023

A Fundación Érguete-Integración incorpora catro novas profesionais a través dos programas de cooperación 2023 da Xunta de Galicia

As traballadoras cubrirán tres prazas na sede da entidade en Vigo e unha na Coruña

20/12/2023

Durante o mes de decembro, catro profesionais do traballo e a educación social e do xornalismo entraron a formar parte do equipo da Fundación, que procura con estas novas incorporacións dar maior cobertura ás necesidades das persoas usuarias dos seus servizos.

As traballadoras pasarán a formar parte do programa Sísifo en Vigo e A Coruña, o servizo CiberEmprego e a área de comunicación, desempeñando funcións como técnicas de programa de captación activa e intervención en medio aberto, técnica de inserción laboral e técnica de comunicación externa e interna da entidade. Entre as súas tarefas estarán a atención directa a persoas en situación de rúa, a orientación para a procura do emprego ou na realización de trámites telemáticos coa administración, a xestión de contidos en redes e na web da Fundación, etc.

As contratacións prodúcense ao abeiro dos programas de ooperación 2023 promovidos pola Xunta de Galicia, que ofrecen a persoas demandantes de emprego a oportunidade de adquirir coñecementos e destrezas e mellorar a súa futura inserción profesional no sector dos servizos sociais, ámbito que precisa da incorporación de profesionais con experiencia e dedicación.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FOMENTO DO EMPREGO > Programas de Cooperación